EconomíaÚltima hora

Obradoiro para reducir a factura de electricidade, no Barco

A asociación de consumidores Adicae achegarase ata Valdeorras o 20 de novembro ás 19h.

Adicae2

Entender a factura de electricidade, saber se a potencia que se ten contratada se axusta as necesidades de cada usuario, ou se se paga demasiado, son algunhas das cuestións que poderán resolver os asistentes ao obradoiro que se celebrará no Barco de Valdeorras o xoves 20 de novembro.

Organizada pola asociación de consumidores Adicae e a concellaría de Comercio do Barco, e baixo o título “Coñece a túa factura de electricdade e aprende a reducila” a charla terá lugar ás 19h. no Edificio Multiusos.

Dende o Concello consideran “que se trata dunha charla que pode ser moi interesante para tódolos veciños, agora que comeza o mal tempo e se incrementa o consumo de enerxía eléctrica”.

Artigos relacionados

Back to top button