OurenseÚltima hora

Obradoiro sobre novas tecnoloxías para nenos e adultos

Enfócase a coñecer os riscos e as vantaxes de internet, no Centro La Molinera
A xornada vai dirixida a cativos, pais e docentes.
A xornada vai dirixida a cativos, pais e docentes.

Este venres, 20 de maio, a partires das 18.30 horas, o Centro de Coñecemento La Molinera de Ourense acollerá “Rapaciños, a tecnoloxía ben segura”, un obradoiro sobre novas tecnoloxías para nenos e adultos. A idea é dar a coñecer os riscos e as vantaxes de internet tanto aos cativos como a pais e docentes.

Esta actividade formativa está impulsada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Tamén colabora o Concello de Ourense e o propio Centro La Molinera.

Artigos relacionados

Back to top button