CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Obradoiros, carreiras, lecturas e xogos nas Letras Galegas en Trives

Estas actividades, promovidas dende o Concello, desenvolvíanse na fin de semana do 15 ao 17 de maio na vila

Os máis pequenos convertíanse nos protagonistas principais da celebración do Día das Letras Galegas en Trives, pero sen deixar de lado a participación dos maiores. Para conmemorar esta data tan especial da cultura galega, o Concello de Trives organizaba unha serie de actividades que se celebraban entre o 15 e o 17 de maio na vila.

Así o vernes día 15 pola tarde, na praza do Pilón, tiña lugar un “Obradoiro de Baile Tradicional”, unha xornada de iniciación ao baile tradicional galego, no que participaron grandes e pequenos animadamente.

Para o domingo 17 programábanse distintas actividades ao longo da mañá. Así realizábase o segundo “Correlingua” (carreira en prol da lingua) de Trives, e, ademais desta proposta lúdico-deportiva, impartíanse obradoiros para os cativos, lecturas de textos de Xosé Filgueira Valverde, figura homenaxeada este ano nas Letras Galegas, e solta de globos. Os asistentes foron agasallados cunha bandana para o pescozo.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button