CulturaCulturaÚltima hora

Obradoiros, contacontos e moita literatura na Feira do Libro do Barco

Unha decena de expositores participarán na mostra prevista para o 27 e 28 de abril
Expositores na anterior edición da Feira do Libro do Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

A praza José Otero é o lugar elixido este ano polo Concello do Barco de Valdeorras para a celebración da Feira do Libro prevista para esta fin de semana. Unha mostra na que participarán unha decena de expositores: Libraría Celia (Quiroga), Libraría Lipor (A Rúa), Libraría Murciego, Libro Antigo e de Colección David, Libraría Praxis, Asociación Vagalume, Peludines Callejeros, Ateneo Republicano, IEV e Cineclub Groucho Marx.

Quen se achegue ata a praza tanto o sábado como o domingo poderá ver e mercar libros (tanto clásicos como últimas novidades) , pero a feira inclúe unha serie de actividades complementarias para todos os públicos que se desenvolverán no propio recinto. O programa arrancará o sábado ás 13horas coa presentación da Colección OF de fotografía da editorial difusora coordinada polo barquense Víctor Nieves. E xa pola tarde, ás 17 horas haberá dous obradoiros. Un dirixido a pais, nais e adultos que queiran mellorar as súas capacidades como contacontos que se desenvolverá no 4º andar do edificio da Biblioteca P. M. Florencio Delgado Gurriarán; e outro a cargo de Peludines para aprender a coidar ás nosas mascotas.

O domingo ás 13:30 horas será a quenda para a presentación do poemario Detéxtonos de Xabier Xil Xardón nun espectáculo musical no que o acompaña Leo i Arremecaghona. Pola tarde, ás 17 horas haberá un Contacontos Perruno, para nenos de entre 1 e 6 anos.

Artigos relacionados

Back to top button