EconomíaEconomíaÚltima hora

Obradoiros de conservación de froitas e verduras nos 10 concellos do GDR Sil-Bibei-Navea

 

Dentro dos proxectos de promoción e animación do territorio que pon en marcha o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Sil-Bibei-Navea para este ano o primeiro será un obradoiro sobre a conservación de froitas e verduras nos dez concellos que integran este GDR: A Pobra de Trives, A Teixeira, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Montederramo, Parada de Sil, Viana do Bolo, Vilariño de Conso e San Xoán de Río.

En colaboración coa Universidade de Vigo, en concreto coa Facultade de Ciencias, arranca o primeiro taller no concello de Parada de Sil o día 25 de maio ás catro da tarde, que se celebrará na Casa Rural A Reitoral de Parada de Sil, a quen dende o Concello se lle agradece a súa colaboración.

 

 

Con esta acción formativa búscase dar a coñecer novos métodos sobre conservación de froitas e verduras mantendo o valor nutricional e as características organoléticas dos alimentos. Por parte do GDR, o seu presidente, Paco Magide agarda que “isto sirva para desestacionalizalo consumo de produtos de horta, alongar a súa durabilidade coas máximas características nutricionais, sensoriais e sanitarias”.

Os obradoiros terán un carácter práctico eminentemente práctico, cunha introdución teórica. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse contactando cos respectivos concellos

Artigos relacionados

Back to top button