SanidadeÚltima hora

“Obradoiros de crianza”, o 22 de outubro no Barco

Serán organizados pola Asociación De Nai a Nai e impartidos pola psicóloga Violeta Alcocer
Obradoiro organizado anteriormente por De Nai a Nai./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Obradoiro organizado anteriormente por De Nai a Nai./ Foto: Ángeles Rodríguez.

A Casa da Xuventude (enriba da biblioteca pública) do Barco acollerá na tarde do sábado 22 de outubro uns obradoiros de crianza. Serán impartidos pola psicóloga e orientadora psicoeducativa Violeta Alcocer. Esta actividade comezará ás 16:30h. cun obradoiro sobre “Límites: xestionar os conflitos con eficacia”. Xa a partir das 19h. abordarase o tema de “Ciumes entre irmáns/ás: ¿como manexalos?”.

A psicóloga Violeta Alcocer.
A psicóloga Violeta Alcocer.

Esta actividade será organizada pola Asociación De Nai a Nai en colaboración co Concello do Barco e a entrada á mesma será libre e gratuíta.

Artigos relacionados

Back to top button