SanidadeÚltima hora

Obradoiros de crianza, o 9 de maio no Barco

Serán organizados por De Nai a Nai e impartiranse no segundo andar da Casa da Xuventude
Logo da asociación De Nai a Nai, organizadora destes obradoiros.
Logo da asociación De Nai a Nai, organizadora destes obradoiros.

O “manexo das rabietas” e “cómo educar sen castigos” serán os temas que se desenvolverán no marco dos obradoiros de crianza que se celebrarán na tarde do sábado 9 de maio no segundo andar da Casa da Xuventude do Barco (enriba da biblioteca pública).

Estas accións formativas serán organizadas por “De Nai a Nai. Grupo de apoio á lactancia e crianza con apego”, en colaboración co Concello do Barco. A encargada de impartilas será Violeta Alcocer, psicóloga e orientadora psicoeducativa, que dirixe “Aula de Familia”, ofrecendo asesoramento privado a familias e grupos.

O primeiro dos obradoiros, adicado ao manexo das rabietas infantís, terá lugar de 16:30h. a 18:30h. e, xa a partires das 19h. o tema será a educación sen castigos. A entrada a ámbolos dous é libre e gratuíta.

Artigos relacionados

Back to top button