OurenseÚltima hora

Obradoiros de memoria a prol da atención dos maiores residentes en Barbadás, agora nos fogares

A iniciativa é posible grazas á colaboración entre o Concello de Barbadás, a Fundación Dorzán e a Asociación de Alzhéimer de Ourense (AFAOR)

Publicidade

 

Dende hai anos, o Concello de Barbadás e a Fundación Dorzán, en colaboración coa Asociación de Alzhéimer de Ourense (AFAOR), veñen desenvolvendo obradoiros de memoria a prol da atención dos maiores residentes en Barbadás, actuacións suspendidas no mes de marzo dada a aparición do Covid-19.

Por iso, tras descubrir que será imposible recuperar a actividade con normalidade, decidían adaptar os talleres de xeito que, grazas á colaboración da concellería de Benestar Social do Concello de Barbadás, “ás súas beneficiarias facilítanselle directamente nos seus fogares, exercicios de estimulación cognitiva coa fin de axudalas a manter activa a súa mente”, explican dende AFAOR.

Así, os maiores reciben un seguemento individualizado por parte de persoal especializado de AFAOR para valiar este traballo e acompañalas e apoialas, ademais, na época tan complexa que estamos a vivir por culpa da pandemia.

Artigos relacionados

Back to top button