SanidadeÚltima hora

Obradoiros de memoria para adultos, en Trives

Ademais de na vila, impartiranse nas localidades de Cova, Sobrado, Cotarós e Pena Folenche
Cartel de actividades.

Dentro do programa de actividades do Concello de Pobra de Trives de benestar e saúde inclúense os obradoiros de memoria para adultos. Esta acción formativa impartirase na vila, pero tamén en diversas localidades do municipio: Cova, Sobrado, Cotarós e Pena Folenche.

As persoas interesadas en asistir poderán realizar a súa inscrición na Oficina do CIM de Trives no Concello ou ben chamando ao 988 330012.

Ademais dentro das actividades municipais de Trives neste outono figuran as escolas deportivas (fútbol sala, atletismo, badminton e kárate), a escola de música (con clases de guitarra, piano e solfeo), así como o programa de mantemento para adultos e o de madrugadores (de atención e coidade a nenos fóra da xornada ordinaria dos centros escolares contribuíndo á conciliación familiar).

Artigos relacionados

Back to top button