CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Obradoiros infantís de arquitectura no CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira

O Concello do Barco organiza esta actividade centrada no sistema educativo Lupo

Aprender xogando é a máxima que persegue o Sistema Lupo, unha ferramenta didáctica baseada no xogo con mecanismos e dinámicas aptas para a aprendizaxe lúdica. Partindo da arquitectura e do tradicional xogo de bloques de construción, Lupo extende a súa didáctica cara as matemáticas, o debuxo, a física, a arte, a historia, a música e mesmo o deseño.

Os alumnos do CEIP Otero Pedraio de Viloira, puderon comprobar durante este curso académico o divertidas que poden resultar as matemáticas coa incorporación deste sistema ao horario lectivo e agora, terán oportunidade o resto de escolares do Barco de Valdeorras.

Da man do arquitecto David Rodríguez Antuña, o Concello organiza obradoiros de arquitectura para escolares matriculados nos centros de ensino da localidade neste curso escolar. Trátase dunha actividade gratuíta, que se desenvolverá nas instalacións do colexio de Viloira, entre o 26 e o 29 de xuño, dirixida a nenos de entre 6 e 12 anos que aprenderán a resolver problemas e cuestións tendo como base pequenas pezas de madeira e plástico (tipo Lego) e outras de maior tamaño, de porexpan.

Tal como explican dende o ente municipal “poderán participar 12 nenos en cada un dos dous obradoiros existentes: os cativos de 6 a 9 anos asistirán ao obradoiro entre as 10 e as 11:30 horas, e os de 10 a 12 anos terán as clases de 12 a 13:30 horas”. As inscricións poden formularse na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button