CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Obradoiros infantís de arquitectura no colexio de Viloira

Alumnos de 1º a 4º de Primaria do centro barquense participaron nunha actividade escolar centrada no Sistema Lupo

Aprender xogando é o eslogan do Sistema Lupo, unha ferramenta didáctica baseada no xogo con mecanismos e dinámicas aptas para a aprendizaxe lúdica. Partindo da arquitectura e do tradicional xogo de bloques de construción, Lupo extende a súa didáctica cara as matemáticas, o debuxo, a física, a arte, a historia, a música e mesmo o deseño.

Unha mostra do que significa este sistema puderon comprobalo os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria do CEIP Ramón Otero Pedrayo, de Viloira (O Barco de Valdeorras). Da man do arquitecto David Rodríguez Antuña e distribuídos por grupos, os cativos participaban na mañá do 15 de xuño nun obradoiro de arquitectura infantil, disfrutando dunha divertida mañá na que descubriron outra forma de estudar matemáticas.

“É moi importante afrecer aos cativos novos sistemas de aprendizaxe, para motivalos, que aprendan dunha forma divertida e asistan ás clases con ilusión e alegría”, di a directora do centro, Remedios Arias asegurando que esta iniciativa foi unha proba para ver como respondían os cativos, tendo a intención de incorporar este sistema á oferta educativa do centro de cara ao vindeiro curso “para que todos os nenos teñan opción”, dixo, sendo testemuña da ilusión e a atención coa que os cativos resolvían e respondían aos problemas e cuestións plantexadas polo arquitecto, tendo como base pequenas pezas de madeira (tipo Lego) e outras de maior tamaño, de porexpan.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button