EconomíaEconomíaÚltima hora

Obradoiros infantís, no XI Mercadiño de Nadal do Barco

 

Remata a primeira xornada do XI Mercadiño de Nadal do Barco, que abría as súas portas as 11h. deste sábado na praza do Concello do Barco cunha vintena de postos de artesanía e de produtos gastronómicos da zona, entre eles viños, bica de castañas, fariña de castañas, mel ou licores.

Durante a tarde, dentro da programación complementaria desta mostra organizada polo Concello do Barco tiñan lugar un obradoiro infantil.

O mercadiño continuará mañá en horario de de 11h. a 14h. e de 16:30h. a 20:30h. Ademais para o domingo ás 12:30h. está prevista unha cata de viños de Valdeorras (con inscrición previa) e, xa pola tarde, un novo obradoiro infantil.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button