CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Obradoiros para fomentar a igualdade, no colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria asistiron aos talleres impartidos por Ánxela González

 

A violencia machista é un problema que afecta a unha boa parte da poboación e unha forma de intentar atallalo é a través da educación en igualdade dende a infancia. Por iso os estudantes foron os destinatarios de parte da programación do Concello da Rúa para conmemmorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Como en practicamente todos os concellos, no mediodía deste luns 25 de novembro celebrábase unha concentración na praza José Antonio Míguez Freire. Ese mesmo día os estudantes de 1º da ESO do IES Cosme López asistían a un obradoiro de prevención impartido por Ánxela González (ODAIKO Educación), e hoxe, martes 26 de novembro tocoulle o turno aos alumnos de 5º e 6º de Primaria do colexio San Pablo VI-Fátima.

 

Libro e guiía sobre os que están traballando os estudantes de Secundaria.

 

Os primeiros eran os cativos de sexto, moi participativos, que expoñían as súas propias experiencias intercambiando opinións sobre as cuestións plantexadas por Ánxela sobre os estereotipos e os roles preestablecidos para homes e mulleres. Un dos cativos incluso contou que por non gustarlle xogar ao fútbol chegaron a dicirlle que era homosexual. “Iso é o que temos que cambiar, temos que facer algo, porque polo feito de ser muller poden gustar todo tipo de deportes e por ser home non ten por que gustar unha actividade maioritaria como o fútbol”, explicou a profesora.

Os alumnos de Secundaria pola súa banda, están traballando sobre o libro Amor amargo de Xosé A. Perozo, no marco da 7ª Semana Escolar da Provincia (violencia de xénero e xuventude) organizada pola Deputación de Ourense

Fotos: Mónica G. Bellver excepto a última da galería que é cedida.

Artigos relacionados

Back to top button