Entroido 2020Galerías de fotosÚltima hora

Obradoiros, xogos e chocolatada no Entroido Infantil de Petín

A festa tiña lugar na Casa da Cultura na tarde deste luns 24 de febreiro

 

Dende pintacaras e obradoiros ata algodón de azucre, sen esquecer a música, os disfraces e o chocolate. Moi completa foi a festa infantil coa que o Concello de Petín celebraba o Luns de Entroido (24 de febreiro).

Pasadas as cinco da tarde, os cativos acompañados polos papás, avós e demais familiares, íanse acercando ata a Casa da Cultura e alí, mentres uns recurtaban as súas propias carautas de cartulina ou simplemente xogaban, outros elaboraban o seu propio algodón, seguindo as instruccións da alcaldesa Raquel Bautista. A festa incluía unha boa chocolatada.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button