ConcellosÚltima hora

Obras de abastecemento e saneamento na Rúa

A última parte da primeira fase realizarase pola rúa da Noria e a avenida de Almendralejo
Comezo das obras na avenida de Almendralejo, na Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.
Comezo das obras na avenida de Almendralejo, na Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

O Concello da Rúa vén de emitir un bando informativo sobre a situación das obras de abastecemento e saneamento públicos que se están desenvolvendo na vila dende o mes de maio. Unhas obras que teñen provocado cortes de auga e apertura de viais e beirarrúas en diferentes rúas, entre elas a principal.
“Neste momento as obras desta primeira fase están xa bastante avanzadas e agora resta por afrontar a parte máis complexa que é a que vai dende o depósito do bombeo na r/Ferrol até os depósitos de abastecemento na zona da Artística”, explican no bando.

Pedindo unha vez máis “desculpas polas molestias que se poidan causar” así como “comprensión aos veciños e veciñas” ante as incomodidades provocadas por unha obra que é “absolutamente imprescindíbel” para A Rúa, dende a alcaldía adiantan que as obras desa última parte da primeira fase realizaranse pola rúa da Noria e subirán pola avenida de Almendralejo. “A complicada estrutura de tuberías nese tramo pode provocar roturas e cortes puntuais do suministro, non previstos, que tentaremos subsanar coa maior brevidade posíble”, asegura o bando asinado pola alcaldesa, María González Albert.

Artigos relacionados

Back to top button