OurenseÚltima hora

As obras de ampliación da Escola Oficial de Idiomas terán un custo de 500.000 euros

A xunta de Goberno Local aprobou a sinatura dun convenio co Consello da Cultura para celebrar o concerto das Letras Galegas, dedicado a Carlos Casares, no Auditorio
Jesús Vázquez // Foto: Carlos Asensio.

A Xunta de Goberno Local de Ourense vén de aprobar a concesión da ampliación da Escola Oficial de Idiomas. Estes traballos correrán a cargo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que investirá case 500.000 euros nas obras. Por outra banda, outra das aprobacións que realizou esta Xunta de Goberno foi a do proxecto básico de execución da pista de atletismo hidráulica cuberta do recinto feiral de Expourense. Segundo explicou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na rolda de prensa posterior á xunta, o consistorio investirá 512.152 euros: “isto non quere dicir que a pista vaia custar iso, senón que, ao estar o recinto feiral entre dous concellos (Ourense e San Cibrao), a outra parte do orzamento correspóndelle ao outro consistorio”.

O rexedor municipal asegurou que dende que o seu goberno tomou posesión en xullo de 2015 “acadou investimentos por parte da Xunta, a través da Consellería de Cultura e Edición, por máis de 7 millóns de euros, unha cantidade nunca antes vista noutros gobernos”, afirmou. Entre esas actuación están as reformas en centros educativos, por exemplo, e “no Campus da Auga, que foron 3,5 millóns”, dixo.

En materia de Asuntos Sociais, a concelleira de este área, Sofía Godoy, deu conta ante a Xunta de Goberno Local unha análise da xestión da Concellería entre os anos 2015 e 2016.

En devandita análise, a edil resaltou o elevado incremento de número de horas de Atención no Fogar, dentro dos Servizos Sociais Comunitarios básico. Ese aumento consiste, segundo declarou o alcalde, en “76.000 horas máis no ano 2016 con respecto ao 2015” para aquelas persoas que precisen maiores coidados. En termos porcentuais, este incremento sería dun 67% e ao redor de 100.000 horas.

No eidos dos Servizos Sociais Específicos resaltou, entre outras cousas, o aumento nun 28% dos usuarios do servizo de Tele-asistencia domiciliaria. En concreto, pasouse de 362 usuarios no 2015 a 462 no 2016. A isto engádese a inclusión dun psicopedagogo no Programa de Inmigrantes dende marzo do pasado ano “o que permitiu darlle continuidade ao programa de reforzo educativo e intermediación familiar”, dixo o alcalde, Jesús Vázquez.

Outro dos temas dos que deu conta a concelleira de Servizos Socias na materia dos específicos e a oferta de Apoio Escolar en tres centros: “había anos que non se ofertaba e cando se ofertou era só para 2 centros”, comentou a edil. Neste senso, lembrou que para o ano en curso, tanto nos centros cívicos da cidade cono no Centro de Formación Municipal ás Mulleres (CIMM), incrementaranse ao redor de 800 horas de servizo para a conciliación e coeducación na igualdade. Neste senso, o alcalde remarcou que, até o de agora, o Programa Coeduca tiña como único espazo o CIMM, e a partir de agora estenderase tamén aos barrios da cidade.”Pasaremos pois de 3.747 horas anuais de conciliación que presta actualmente, ás 4.578 horas anuais”, dixo Jesús Vázquez.

Concerto do día das Letras Galegas

O Goberno local aprobou, tamén na Xunta de Goberno, un convenio de colaboración entre o Concello e o Consello da Cultura Galega para o desenvolvemento do concerto do Día das Letras Galegas, en homenaxe a Carlos Casares, que terá lugar no Auditorio Municipal, “e así converteremos a Ourense no epicentro das Letras Galegas este ano, que ese é o noso obxectivo”, remarcou Jesús Vázquez. Tamén aprobaron as bases e a convocatoria do Premio Rosa Gómez de Creación Literaria, que este ano alcanza a súa décimo cuarta edición e está dotado con 900 euros.

Artigos relacionados

Back to top button