Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Obras de arranxo dun talud da N-120 nas proximidades da Rúa

Debido a estes traballos tan só pode usarse un carril da estrada, na que se instalou un semáforo para regular o tránsito

Dende hai uns días os condutores que circulan pola estrada N-120 entre A Rúa e Quiroga estanse atopando con obras de arranxo dun talud no tramo situado entre o Parque de Bombeiros comarcal e o desvío para Seadur (Larouco). Para levalas a cabo, foi necesario pechar á circulación os dous carrís máis próximos ao talud, nos que se instalou unha grúa, de tal xeito que só queda un para transitar.

O tráfico estase regulando en ambas direccións (A Rúa-Quiroga e Quiroga-A Rúa) mediante un semáforo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button