CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Obras de arte con elementos do outono, no CEIP Julio Gurriarán do Barco

Os alumnos do segundo ciclo de Educación Infantil colaboraron na elaboración dun mandala

 

Aínda que a situación sanitaria xa permite certas licenzas como a celebración de actividades e festas impensables hai un ano, como é o caso do magosto, no CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras pensan que aínda non é oportuno celebralo polos protocolos anticovid. Por iso decidían organizar actividades alternativas para celebrar o San Martiño.

Unha delas era a charla e actuación que o grupo galego Tanxugueiras desenvolvía onte no salón de actos do centro; e outra a realización dun mandala no patio.

 

Cativos de 5º de Infantil colaborando na creación da mandala.

 

Coordinada pola profesora Cristina Murias e dirixida ao alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil, a actividade consistía na creación dunha obra utilizando a técnica de land art corriente de arte contemporánea na que se aproveitan diferentes elementos da natureza. Neste caso eran elementos do outono (castañas, follas, piñas, carrabouxos,…) os empregados polo cativos para “crear a súa propia obra de arte”, explica Cristina, puntualizando que foron facendo series para que participaran todos os nenos. Na galería de imaxes aparecen os de 5º de Infantil A.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button