ConcellosO BarcoÚltima hora

Obras de asfaltado a partir do venres nas urbanizacións A Cerámica e As Hortas do Barco

 

A partir de mañá, venres, realizaránse traballos de asfaltado nas urbanizacións da Cerámica e As Hortas, no Barco, o que provocará o peche ao tráfico das rúas afectadas polas obras, tal e como anuncia o Concello do Barco. Trátase dun proxecto cun orzamento de preto de 24.200 euros, que foi adxudicado á empresa “Aproveitamento de recursos naturais de galicia, S.L.”

As obras afectarán a todas as rúas da urbanización As Hortas, e as rúas Petín, Larouco e O Bolo, na Cerámica. Por este motivo, as rúas quedarán pechadas desde primeira hora de mañá venres, e durante toda a fin de semana, ata que rematen os traballos de asfaltado.

A Policía Local está a colocar carteis en ambalas dúas zonas, e avisando aos vecinos persoalmente para que, naqueles casos nos que teñan que utilizar os seus vehículos nos días nos que se desenvolven as obra, os deixen aparcados fora das zonas afectadas polos traballos.

Artigos relacionados

Back to top button