ConcellosPetínÚltima hora

Obras de asfaltado na rúa central de Petín

 

A primeira hora da mañá deste xoves 6 de maio, procedíase ao reforzo do firme na rúa da Ponte, vía central de Petín. En concreto as obras de asfaltado estanse levando a cabo nun tramo do acceso á vila dende a Farmacia ata a Ponte da Cigarrosa aproximadamente.

“Trátase do único tramo que faltaba pois o resto xa se asfaltara anteriormente”, explican os operarios, mentres regulaban o tráfico, adiantando que as obras estarán listas antes do mediodía de hoxe.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button