CulturaCulturaÚltima hora

Obras de Dalí, Picasso e Miró nunha exposición en Celanova

A Casa dos Poetas acollerá a mostra "Múltiple" durante o vindeiro mes de agosto

A Casa dos Poetas de Celanova acollerá dende mañá, 30 de xullo, e durante o vindeiro mes de agosto a exposición “Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló”. A mostra busca dar a coñecer as técnicas do gravado calcográfico e as súas variantes (litografía, xilografía ou serigrafía). Poderánse visitar de obras de artistas do século XX tan recoñecidos como Miró, Dalí, Picasso, Soledad Sevilla, Tàpies, Miquel Barceló, Susana Solano, Jorge Castillo e o grupo Equipo Crónica, entre outros.

Mañá, xoves 30 de xullo, ás 13:00h, haberá un acto innaugural de presenza únicamente institucional que consistirá nunha visita guiada por Alberto Blanco, da Área de Cultura de Afundación. Acudirán o coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román; a coordinadora institucional de Afundación para Lugo e Ourense, Beatriz Fernández-Anguiano García e o alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez, Antonio Puga Rodríguez.

A exposición poderase visitar dende ese mesmo día ata o 30 de agosto, de martes a venres de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h. Os sábados, o horario será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00. O uso de mascarilla sanitaria é obrigatorio.

 

Cartel promocional da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button