ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Obras de mellora na estrada da Bouza (Viana) ata o cruce da OU-533

 

Veñen de iniciarse as obras de mellora na estrada da Bouza, no municipio de Viana do Bolo, ata o cruce da OU-533. A actuación inclúe un novo asfaltado para este vial e tamén a realización de cunetas. Prevese que os traballos, que está a executar unha empresa verinesa, se prolonguens uns 6 días, sempre e cando a meteoroloxía resulte favorable, tal e como informa o concelleiro de Política Rural de Viana, Santiago Barja.

A estrada está aberta ao tráfico, pero recomendánse circular con precaución ante o desenvolvemento das obras.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button