DeportesFútbolÚltima hora

Obras de mellora no campo de fútbol San Martiño, en Quiroga

O proxecto incluíu a remodelación da herba do terreo de xogo, a substitución do sistema de rego actual por un máis moderno e automatizado e o replantando do terreo con herba natural

Visita institucional ao campo de fútbol San Martiño, en Quiroga.

 

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e o xefe provincial de deportes de Lugo, Manolo Cadramón, visitaron as obras do campo de fútbol San Martiño acompañados do alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o concelleiro de deportes, Andrés Novoa.

Neste proxecto de mellora que se realizou nesta instalación municipal que se construíu nos anos oitenta, “incluíuse a remodelación da herba do terreo de xogo, a substitución do sistema de rega actual por un máis moderno e automatizado e o replantando do terreo con herba natural”, puntualizan dende o Concello. A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, achegou 38.715 euros para esta mellora, que coa aportación do Concello roldou os 50.000 euros. 

Paralelamente a esta mellora do campo de xogo, tamén se acondicionou o campo de adestramento coa colocación dunha capa de terra vexetal e a sementa de céspede. O proxecto incluía tamén a roza e retirada de maleza e a retirada de escombros dunha cancha demolida. Ademais traballouse no peche do recinto co levantamento dun muro de bloque e a colocación dunha rede, con achegas do Plan Único.

Tal como explican dende o Concello, aínda que con labores de mantemento habitualmente, o campo do San Martiño non acollía grandes remodelacións dende hai unha década cando se construíron os novos vestiarios, se acondicionaron as gradas e se asfaltou o aparcamento. 

Artigos relacionados

Back to top button