SanidadeÚltima hora

Obras de mellora no Hospital Comarcal Valdeorras

O Sergas vén de remitir o convenio de colaboración ao Concello do Barco para a execución dos traballos
Entrada principal do Hospital Comarcal Valdeorras no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Servizo Galego de Saúde levará a cabo diversas obras de reforma no Hospital Comarcal de Valdeorras (Ourense), co fin de “dar unha mellor resposta aos problemas de saúde da poboación, mellorando as dotacións e infraestruturas adicadas á atención asistencial no Barco de Valdeorras”, tal e como se informa dende este departamento sanitario. As obras comprenderán as reformas previstas nos plans funcionais do servizo de Farmacia, no do Hospital de Día de Cirurxía Maior Ambulatoria, no do Hospital de Día de Oncoloxía e área de dixestivo, e na memoria funcional de Consultas Externas.

A tal efecto, e coa finalidade de levar a cabo as actuacións de reforma no Hospital Comarcal de Valdeorras, o departamento sanitario galego que dirixe Jesús Vázquez Almuiña vén de remitir ao Concello do Barco de Valdeorras o convenio de colaboración entre ambas administracións no que se establecen as bases para a execución dos traballos. En base ao documento, o Sergas comprométese a elaborar -é de ser o caso- supervisar e aprobar o proxecto técnico, así como a contratar, dirixir e executar as obras con cargo aos seus orzamentos.

Pola súa banda, o Concello do Barco de Valdeorras deberá facilitar todos os trámites patrimoniais e urbanísticos que sexan necesarios para obter os permisos e autorizacións para executar as actuacións previstas. Tamén comprometerase a regular determinadas exencións e bonificacións fiscais (como a exención do pagamento do imposto sobre bens inmobles a favor dos centros sanitarios do Sergas ou a bonificación do 95%, do imposto sobre construcións, instalacións e obras).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button