ConcellosTrivesÚltima hora

Obras de pavimentación na Pobra de Trives

Imaxe da estrada tralo arranxo.

 

O Concello da Pobra de Trives vén de arranxar con aglomerado o firme da rúa que da acceso ao cemiterio municipal. En palabras da alcaldesa, Patricia Barja, trátase dunha obra moi necesaria “á que seguirán outras, como a anexa ao centro de saúde” e que se suman aos bacheos que se están a facer en todos os pobos do municipio. Unha obra que o goberno municipal tiña na súa axenda dende o comezo é que hoxe se fai realidade para “pouco a pouco mudar e mellorar a nosa vila e os pobos”.

Dende o Concello puntualizan que e empregaron o aglomerado, pese ao seu maior custo, “pensando fundamentalmente na xente maior, para evitar caídas ou resbalóns, de xeito que non atopamos grava”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button