OurenseÚltima hora

Obras de reforzo do firme no anel da glorieta da OU-540 e nos accesos aos centros comerciais de Barbadás

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar traballos de reforzo do firme no anel da glorieta da estrada autonómica OU-540 e nos catros ramais de acceso aos centros comercias de Barbadás.

“Esta actuación completa as obras de acondicionamento e de mellora da mobilidade executadas recentemente na glorieta situada no punto quilométrico 1+800 desta estrada autonómica, que presentaba un firme deteriorado e falta de accesibilidade nalgún punto dos percorridos peonís. A actuación supuxo un investimento da Xunta de arredor de 70.000 euros”, segundo informa Infraestruturas.

A nova intervención na capa de rodaxe do firme da vía autonómica conta cun investimento de preto de 48.000 euros. As obras están a ser executadas a través dos medios de conservación de estradas da Xunta na provincia de Ourense e prevense rematar nesta mesma semana.

 

 

No marco destes traballos, os equipos de aglomerado desprazados á zona tamén procederon ao reforzo da capa de rodaxe do firme en dous ramais da glorieta da Valenzá, na mesma estrada OU-540, que comunican coa rúa Marcelo Macías de Ourense, complementando o recente aglomerado da citada rúa do concello de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button