ConcellosÚltima hora

Obras de reforzo no firme da OU-636 ao seu paso por Trives, Larouco e Quiroga

Comezarán na segunda quincena de agosto e terán un prazo de execución de catro meses

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar por máis de 557.000 euros as obras de reforzo de firme na estrada OU-636, ao seu paso polos concellos da Pobra de Trives, Larouco e Quiroga.

Estas actuacións, que serán executadas pola empresa Misturas Obras e Proxectos, S.A., dispoñen dun prazo de execución de catro meses e as obras comezarán na segunda quincena de agosto, “axilizándose os traballos todo o posible para terminar a mesma en menos tempo”, din dende Infraestruturas e Vivenda.

A intervención consiste, segundo informa a consellería, na rehabilitación localizada do firme da estrada OU-636, entre A Pobra de Trives e Freixido. Os traballos principais se corresponden coa reparación do firme nos tramos nos que a estrada de titularidade autonómica presenta o desgaste derivado do tráfico que circula por esta vía, mediante o fresado e a reposición da capa de rodadura.

Artigos relacionados

Back to top button