En portadaÚltima hora

Obras de rehabilitación de infraestruturas de saneamento no casco antigo barquense

Esta actuación, que se desenvolverá no alcantarillado das rúas San Roque, Real e San Mauro; terá lugar do 22 ao 26 de abril

A partires do vindeiro 22 de abril o Concello do Barco levará a cabo obras de rehabilitación das infraestruturas de saneamento en tres rúas de casco antigo barquense: San Roque, Real e San Mauro. As obras prolongaranse ata o vindeiro 26 de abril e faranse dende as 7:30h. da mañá e ao longo de toda a xornada, segundo se sinala en notas informativas do Concello do Barco e da empresa que se encargará de realizalas (Stlima), postas en diferentes puntos das citadas rúas.

“Nestas obras vaise aplicar o método de encamisado de tuberías con manga flexible. Esta tecnoloxía permite evitar zanxa e destaca pola súa rapidez, ademais de representar unha solución a longo prazo para as tuberías de saneamento que quedan completamente renovada”, segundo a información dos citados avisos.

Durante esta intervención a empresa pídelles a súa colaboración aos veciños para que utilicen a mínima cantidade de auga posible. Tamén lles recomenda que tapen todos os desaugües das casas, xa que durante o proceso de traballo utilizarase unha substancia “totalmente inocua”, pero cun “lixeiro olor parecido ao gas”.

 

Artigos relacionados

Back to top button