ConcellosÚltima hora

Obras de saneamento en Meda, Valdín e Corzos

Os traballos xa están en marcha e contan cun orzamento de 40.000 euros, segundo o Concello da Veiga
Vista do entorno de Meda (A Veiga)./ Foto: Carlos G. Hervella.
Vista do entorno de Meda (A Veiga)./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Concello da Veiga vén de iniciar unhas obras de saneamento, que inclúen actuacións como a instalacións de fosas sépticas, en tres núcleos deste municipio: Meda, Valdín e Corzos. Esta intervención conta cun orzamento de 40.000 euros, subvencionados ao 70% pola Dirección Xeral de Administración Local.

Este proxecto forma parte das “actuacións destinadas ao correcto funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural”. Neste caso concreto trátase de obras de “saneamento, redes de sumidoiros e abastecemento de augas no municipio”, segundo informa o alcalde da Veiga, Juan Anta.

Artigos relacionados

Back to top button