ConcellosÚltima hora

Obras na N-120 ao seu paso por Vilamartín

Retencións no tráfico en Vilamartín debido ás obras na estrada N-120.

Durante estes días estanse a realizar unhas obras na N-120 ao seu paso polo concello de Vilamartín que están a xerar certas retencións de tráfico xa que nun dos tramos da estrada só se pode usar un dos dous carrís da vía. Con estes traballos estanse a arranxar “as xuntas de dilatación da ponte” sobre o río Leira, segundo informa o alcalde vilamartinés, Enrique Álvarez Barreiro.

 

Artigos relacionados

Back to top button