ConcellosÚltima hora

Obras nunha das entradas ao Barco

Dende finais de xullo os condutores que accedan ao Barco atoparán obras nunha das súas entradas. En concreto trátase da situada xunto á estación de servizo.

A Deputación de Ourense está acometendo unha actuacion consistente na drenaxe e posterior rego asfáltico desta estrada, que é competencia súa, entre Veigamuíños e A Pobra, no tramo comprendido entre o paso subterráneo da vía férrea ata as proximidades da igrexa de Veigamuíños.

Deste xeito preténdese mellorar o asfalto, que se atopa bastante deteriorado nun tramo duns 400 metros.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button