ConcellosÚltima hora

Obras para mellorar a calidade das augas do Barbaña e do Loña

Invertiranse máis de 3,6 millones de euros co fin de evitar os verquidos a estes ríos
O delegado do Goberno en Galicia, acompañado de outras autoridades, na visita ás obras.
O delegado do Goberno en Galicia, acompañado de outras autoridades, na visita ás obras.

Mellorar o saneamento e depuración dos municipios de San Cibrao das Viñas e de Pereiro de Aguiar (Ourense) para evitar os verquidos aos ríos Barbaña e Loña, así como aos regatos próximos. Ese é o obxectivo das actuacións que se están a desenvolver a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) nestas zonas.

Nestas obras o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente invertirá máis de 3,6 millóns de euros, cunha porcentaxe de financiamento do 80% por parte da CHMS e do 20% restante por parte da Xunta de Galicia. Ambas actuacións están incluídas no programa operativo de financiación con cargo aos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

As obras acometidas en Pereiro de Aguiar consistiron no remate e posta en funcionamento da EDAR, que se encontraba parcialmente executada. Ademais completáronse coa conexión á EDAR dos colectores de saneamento da Urbanización de Monterrrei, Colexio Miraflores, o Polideportivo, colexio e residencia xeriátrica de Monterrei, e os núcleos de O Penedo e Pedraio. O custe destas actuación ascendía a 1.175.433 euros.

Por outra banda, en San Cibrao das Viñas proseguen os traballos cos que se mellorará la calidade do río Barbaña e dos regatos próximos que, debido ao exceso de caudais. O investimento total destas obras será de 2.345.513 euros. Deste xeito darase servizo a unha poboación equivalente de 55.000 habitantes e será posible tratar os verquidos de augas residuais das aglomeracións poboacionais, así como os procedentes dos polígonos de Pereiro de Aguiar, Parque Tecnolóxico, Polígono Industrial de San Cibrao, Cidade do Transporte, Polígono comercial, as áreas industrial-comercial de Barreiros e industrial-comercial urbana de San Cibrao O Piñeiral, así como outras zonas urbanas da conca do Barbaña.

Estas actuacións estanse desenvolvendo nos concellos de Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas.
Estas actuacións estanse desenvolvendo nos concellos de Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas.

Na mañá do 17 de marzo estas obras eran visitadas polo delegado do Gobierno en Galicia, Santiago Villanueva, e polo presidente da CHMS, Francisco Marín. Estiveron ademais acompañados polos alcaldes de ambos municipios, Manuel Pedro Fernández e Eliseo Fernández, pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez; e polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, entre outras autoridades.

Un dos momentos da visita.
Un dos momentos da visita.

Artigos relacionados

Back to top button