ConcellosOurenseÚltima hora

Obras para paliar os efectos dos temporais

En conxunto o Magrama investirá máis de 1,2 millóns de euros para corrixir os danos ocasionados polos temporais no Dominio Público Hidráulico da provincia de Ourense
Rolda de prensa, na Subdelegación de Ourense.
Rolda de prensa, na Subdelegación de Ourense.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama) executará, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, unha serie de actuacións para paliar os danos ocasionados no Dominio Público Hidráulico polos 25 temporais de intensas chuvias que afectaron á provincia de Ourense entre o 15 de decembro de 2013 e o 15 de febreiro deste ano. Neste período rexistráronse o 60% das precipitacións que corresponderían a un ano hidrolóxico normal.

Estas intervencións suporán un investimento de máis de 1,2 millóns de euros, segundo anunciaba o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, na visita realizada á cidade de Ourense o 12 de marzo.

As actuacións refírense a zonas dos ríos Caldo, Limia e afluentes; dos ríos Miño, Sil e afluente; e do ríos Matabois, Requeixo e Loboreiro.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button