ConcellosÚltima hora

Obrigatoria a cita previa para acudir á ITV

Estas instalacións abrían en Galicia o 12 de maio, ao entrar a comunidade na fase 1 da desescalada. Na provincia son un total de 6 as ITVs existentes, entre elas a do Barco

 

Adaptándose tamén á nova normalidade, as Inspeccións Técnicas de Vehículos (ITVs) galegas reabrían as súas portas tras dous meses pechadas. Entre elas estaban as cinco existentes na provincia de Ourense: as do Barco, Verín, Ourense, Xinzo de Limia e O Carballiño. Unha das novidades da reapertura é que só se atenderá aos usuarios con cita previa.

“Abrimos todos os nosos centros de ITV en Galicia, mantendo os mesmos horarios que os establecidos antes do estado de alarma. Seguindo indicacións das autoridades competentes, só poderemos atender a clientes con cita previa (tanto primeiras inspeccións como reinspeccións). En aplicación da Orde SND/399/2020 e co obxecto de que o tiempo de permanencia dos nosos clientes nas instalacións sexa o estritamente necesario, calquer aconsulta se deberá realizarse a través da nosa web”, tal e como se informa na páxina web de SYC-Applus (https://www.sycitv.com/es/), a empresa concesionaria do servizo que xestiona as 26 estacións de ITV de Galicia.

 

 

Por outra banda, esta empresa tamén informa na súa web de que o conxunto das estacións galega adaptáronse para “incorporar as medidas sanitarias necesarias para garantir a seguridade dos nosos clientes e traballadores”. E, neste mesmo senso, solicitan aos seus usuarios unha serie de medidas: que empreguen o seu sistema de acceso directo para evitar baixarse do vehículo, que manteñan a distancia de seguridade, que accedan as instalacións de maneira individual, que paguen con tarxeta, que respecten o aforo máximo das oficinas e que, durante a inspección “permanezan no vehículo coas ventás subidas, deixando a mínima abertura para comunicarse co personal da ITV.

Ademais, o inspector non poderá acceder ao interior do vehículo, polo que se solicitará a colaboración do usuario para a comprobación de certos elementos.

Prórroga nos períodos de vencemento

Ao decretarse o pasado 14 de marzo o estado de alarma en España, os períodos de vencemento da ITV quedaron automáticamente prolongados e así continuarán mentres este estado permaneza vixente, tal e como se establece na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020.

Sen embargo, o peche das estacións de ITV e a suspensión dos prazos para realizar a inspección provocaron que o número de vehículos que debían ter realizado a súa ITV desde o pasado 15 de marzo se teña ido acumulando ata alcanzar cantidades moi elevadas, segundo a AECA-ITV, asociación que integra a entidades públicas e privadas que prestan o servizo de ITV en España.

Esta asociación presentaba a finais de abril aos Ministerios de Industria, Sanidad e Interior un Plan de Actuación “para recuperar a normalidade sen que iso supoña o colapso do servizo que poida contribuír á creación de novos focos de contaxios debido á aglomeración de persoas nas instalacións das estaciones de ITV”.

Artigos relacionados

Back to top button