ConcellosO BarcoÚltima hora

Observación astronómica o vindeiro 15 de agosto no Salgueiral, O Barco

Haberá 50 prazas sendo necesaria a inscrición previa

 

O vindeiro domingo 15 de agosto, a partir das 21:45 horas, celebrarase na área recreativa do Salgueiral unha observación astronómica. A actividade forma parte do programa O Teu Xacobeo-As estrelas no Camiño, no que participan o Xacobeo 20-21, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, a Universidade de Santiago e o Concello do Barco de Valdeorras.

Antes da observación, os expertos da USC ofrecerán unha charla introductoria breve, con apoio audiovisual, e despois todos os asistentes poderán contemplar, a través de telescopios electrónicos situados no lugar, o ceo de agosto, coa chuvia de estrelas, a Lúa, Xúpiter, Saturno, etc, guiados polos mesmos expertos.

Haberá 50 prazas, e é necesaria a inscrición previa, no seguinte correo electrónico:  infoturismo@concellodobarco.org.

Artigos relacionados

Back to top button