OurenseÚltima hora

Observación de avifauna do Miño para celebrar o día internacional as aves en Ourense

A iniciativa, de carácter gratuíto, será promovida por Bilurico e Celtia Travel, o domingo 7 de outubro

Con motivo da celebración do día internacional das aves, cuxa data é a do 4 de outubro, desde Bilurico e Celtia Travel teñen previsto realizar o vindeiro sábado día 7 unha actividade gratuíta e dirixida a todos os públicos. Consistirá na observación da avifauna ligada ao río Miño dende un enclave con boa visibilidade como é a fonte de O Tinteiro.

“Disporemos de primáticos, telescopios e guías de aves para todos aqueles que queiran achegarse e coñecer un pouco o patrimonio natural ligado ás aves”, adiantan dende a organización.

O horario da actividade será de 10:00 a 14:00 puidéndose achegar a xente a calquera hora neste intervalo. “Ademais entre todos os asistentes sortearemos unha caixa nido para instalar onde queiran e axudar ao aniñamento das aves.

 

Cartel da actividade.

Artigos relacionados

Back to top button