OurenseÚltima hora

OciourenseXove16 concentra as actividades de peche na Praza das Mercedes

Será no marco dunha festa programada para o vindeiro sábado 11, de 16 a 22:30 horas
Un momento da presentación das actividades de clausura de OciourenseXove16.
Un momento da presentación das actividades de clausura de OciourenseXove16.

A Praza das Mercedes será o escenario elixido para a festa de clausura do programa OciourenseXove16, que se celebrará este sábado, día 11, a partires das 16h. O programa de actividades que levaron a cabo as Concellerías de Sanidade e de Xuventude con fondos do Plan de Prevención de Drogas do Ministerio de Sanidade contou coa participación de 1.400 mozos da cidade.

As actividades que servirán como colofón incluirán globoflexia, xadrez, parkour, escalada, cócteles sen alcohol, un concerto de DJ’s ou unha tirolina xigante. Foron presentadas esta mañá no consistorio ourensán. O horario para gozar de todo isto estenderase até as 22:30 horas e terá entrada gratuíta.

O programa é o que segue:

  • 16 a 18h.- Exhibición de parkour.
  • 16 a 19h.- Globoflexia.
  • 17 a 18h.- Partidas rápidas de xadrez.
  • 17 a 21h.- Rocódromo, tirolina e slackline.
  • 18 a 19h.- Exhibición das modalidades de baile e flashmob.
  • 19 a 20h.- Espectáculos de maxia.
  • 20 a 22h.- Cócteles sen alcohol.
  • 21:30h.- Sesión DJ.

Artigos relacionados

Back to top button