PolíticaÚltima hora

Odilo Fernández, candidato á alcaldía de Carballeda de Valdeorras por Espazo Común

Sinala que o seu proxecto busca “recuperar e potenciar o patrimonio do municipio, desenvolver unha bolsa de traballo que iguale as condicións dos veciños”
Odilo Fernández liderará a lista de Espazo Común nas municipais en Carballeda de Valdeorras.

Espazo Común presentaras ás eleccións municipais en Carballeda de Valdeorras cunha lista liderada por Odilo Fernández, de 46 anos e ex-encargado de canteira. Este candidato segura que o seu proxecto busca “recuperar e potenciar os recursos patrimonais e naturais da contorna”, así como “desenvolver unha bolsa de traballo que permita un acceso ás ofertas laborais en condicións de igualdade” e que “sirva de freo a posibles seleccións a dedo e corrupción”.

O número 1 de Espazo Común en Carballeda de Valdeorras considera fundamental potenciar o Camiño de Santiago no municipio, onde se atopan a maior parte das canteiras de lousa, que “producen miles de toneladas de
residuos que se poderían empregar para empedrar e mellorar o camiño”.

Ademais, engade que “debería desenvolverse unha rede de pequenos negocios enfocados ao turismo no Camiño de Santiago, así como apoiar aos que xa traballan neste sentido”.

Artigos relacionados

Back to top button