CulturaEducaciónÚltima hora

Ofértanse prazas para a mocidade no campo de voluntariado de Ribas de Sil

Terá lugar entre o 27 de agosto e o 7 de setembro na Capela de San Antonio

Participantes nun campo de voluntariado anterior.

 

A Consellería de Política Social oferta prazas no campo de voluntariado que se celebrará entre os días 27 de agosto e 7 de setembro en Ribas de Sil. Terá unha temática arqueolóxica e está dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos. Os labores principais consistirán na limpeza dos restos da Capela de San Antonio. Tamén se catalogarán os obxectos que se atopen durante os traballos.

O campo de voluntariado leva o nome de “Alejandrina Álvarez”, que se debe á veciña que hai dous anos propiciou co seu testemuño o achado dos restos da capela de San Antonio nunha zona boscosa de Ribas de Sil, cando xa só algunhas persoas de avanzada idade gardaban lembranza da súa existencia e localización.

Artigos relacionados

Back to top button