ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A OIería do Batán, en Maceda, abre as súas portas convertida nun museo-obradoiro

Máis de 400 persoas acudiron onte, 14 de abril, cara ás cinco e e media da tarde, á inauguración da Olería do Batán. Un museo-obradoiro que amosa a olería típica da comarca de Tioira, en Maceda. O acto estivo organizado pola familia Carrera Conde en homenaxe ao oleiro Manuel Carrera. Os asistentes puideron comprobar de primeira man como se traballa o barro. Para iso, contaron coa presenza de tres oleiros que traballaban de xeito simultáneo, concretamente eran dous fillos e un neto de Manuel Carrera.

Asemade, os que se pasaron polo lugar, puideron ver a proxección dun vídeo de Manuel Carrera facendo unha ola. Todo isto sumado a unha pequena mostra de cacharros feitos polo propio Carrera e Agustín de Niñodaguia; un mazo e o pisón, utilizado antigamente para mazar o barro; dúas rodas manuais e dúas eléctricas e a vella amasadora da alfarería de Manuel Carrera.

Todos os rapaces que asistiron onte á inauguración foron obsequiados cunha xarra elaborada na nova olería. Ademais convidaron a algún dos asistentes a que probasen as súas dotes alfareiras.

 

Fotos: cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button