DeportesÚltima hora

Oito atletas triveses, no galego Sub10, Sub12 e Sub14 de clubs que se celebrará no Barco o 14 de maio

Publicidade

 

Ata oito atletas das Escolas Deportivas de Trives competirán no Campionato galego Sub10, Sub12 e Sub14 que se celebrará o vindeiro sábado 14 de maio nas pistas barquenses de Calabagueiros.

En concreto estes atletas serán en Sub-10 Nicolás Conde (500), Nicolás Eduard (Peso) e Itziar Cid (500). Ademais en Sub-12 estará Martín Rodríguez (Peso), Antón Prieto (500), José Hervella (1000), Deva Posada (Peso) e en Sub-14 Marcos Basalo (500).

“As Escolas Deportivas de Trives están orgullosas de participar co Club Adas no campionato galego por equipos con 8 participantes, é un orgullo representar a Trives e á comarca de Valdeorras”, indica o adestrador destas escolas, Tino Sierra.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button