EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Oito candidaturas nas eleccións para renovar o CRDO Valdeorras

As eleccións celebraranse o vindeiro 9 de xullo
Imaxe dun pleno do CRDO Valdeorras.

Na sesión plenaria que o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras celebraba na mañá do 12 de xuño veñen de refrendarse as candidaturas que se presentarán aos comicios para renovar a composición do organismo o vindeiro 9 de xullo. Trátase dun total de oito listas, que, deste xeito, se proclaman provisionalmente.

“As cooperativas da comarca presentan unha lista común. Xunto a esta candidatura, aprobáronse dúas listas pertencentes á adegas pequenas, dúas correspondentes a adegas de maior dimensión e tres de viticultores (promovidas polos principais sindicatos agrarios)”, segundo se informa dende o CRDO Valdeorras.

Presentouse asemade á aprobación do pleno unha novena lista no censo A  de viticultores independentes. Resultaba rexeitada ao conseguir tan so os votos de dous vogais das adegas e o do Sindicato Labrego Galego. “As persoas presentes no pleno a favor da candidatura preguntaron se na presentación da mesma, se incurriu nalgún defecto de forma, xa que a lista era importante ao ter sido avalada, por tanto apoiada, por 132 viticultores, número moi significativo, posto que é moi superior aos avais necesarios. A resposta foi que a candidatura presentouse correctamente en formas e en tempo”, segundo unha nota de prensa emitida na tarde do 12 de xuño pola Asociación de Empresarios Bodegueros de Valdeorras.

Dende esta entidade maniféstase a súa preocupación e sinálase que “unha candidatura de viticultores independentes presentada, conforme aos estatutos e ás eisxencias da lei electoral, pode ser estudada polo pleno, pero en ningún caso, se cumpre a Lei e os estatutos, ninguén, nin o pleno por maioría pode, nin debe, impedir a súa posible representación no Consello Regulador”.

Artigos relacionados

Back to top button