ConcellosEntroido 2020Última hora

Oito comparsas e dous disfraces individuais participarán no Desfile de Entroido en Quiroga

O desfile-concurso será o domingo 23 de febreiro ás 17 horas pola rúa Real

Desfile de comparsas en Quiroga. /Foto: Torfy.

 

En torno ao Desfile de Comparsas que se celebrará o vindeiro domingo, día 23 de febreiro, a partir das 17 horas, xira o Entroido en Quiroga. A saída será na rúa Piscinas para percorrer a rúa Real ata o Concello, onde terá lugar ás 18:30h. a entrega de premios aos gañadores, un baile de disfraces e chocolate con churros para todos os asistentes.

No desfile, amenizado pola Charanga BB+ participarán oito comparsas e dous disfraces individuais superando, en total, os douscentos participantes no desfile.

Os premios son os seguintes: na modalidade comparsa (grupos de máis de 10 membros) haberá un primeiro premio de 600€, un segundo premio de 300€, un terceiro premio de 200 €, e resto das comparsas participantes recibirán 100€. Na modalidade disfrace individual, haberá un único premio ao mellor disfrace dotado con 60€.

O luns, a partir das 17h, terá lugar unha festa infantil de disfraces no Disco Pub Yoya.

Artigos relacionados

Back to top button