ConcellosÚltima hora

Oito feridos e un edificio desaloxado por mor dun incendio no interior dun piso en Monforte

 

Nas primeiras horas da mañá deste domingo 26 de decembro, oito persoas resultaban feridas de diversa consideración, entre elas unha menor, e todo un edificio tiña que ser desaloxado a causa dun incendio que consumiu un piso no concello de Monforte de Lemos, en Lugo, tal como informan dende o 112 Galicia.

Ao parecer, en torno ás 7:30 horas un lume no interior dunha vivenda da rúa de Roberto Baamonde alertaba aos veciños, que deberon abandonar o inmoble ata rematar as tarefas de extinción. O 112 Galicia recibiu a alerta e decontado púxose en marcha un operativo no que participaron Bombeiros de Monforte de Lemos e os axentes da Policía Local e Nacional, que confirmaron o desaloxo do edificio de tres plantas no que se declarou o lume.

Pola súa banda, os profesionais de Urxencias Sanitarias-061 ocupáronse do traslado de sete das persoas que resultaron afectadas, mentres que os bombeiros fixeron fronte ás lapas. “De acordo coa Policía Local, unha menor foi evacuada ao hospital por particulares”, confirman dende o 112.

Artigos relacionados

Back to top button