En portadaÚltima hora

Oito feridos nun accidente de tráfico na Rúa

Tiña lugar na tarde do domingo 5 de abril na estrada N-120 á altura da residencia Os Pinos

arua1

Ao redor das seis da tarde producíase un accidente múltiple de tráfico na estrada N-120 ao seu paso pola localidade da Rúa. Á altura da residencia Os Pinos tiña lugar unha colisión na que se viron implicados tres vehículos. Ata o lugar desprazábanse a Garda Civil de Tráfico, os bombeiros do Parque Comarcal de Valdeorras así como ambulancias e o helicóptero do 112.
arua2

No suceso resultaron feridas oito persoas. Unha delas quedou atrapada polas pernas nun dos turismos e tivo que ser excarcelada polos Bombeiros do Parque Comarcal de Valdeorras. De seguido, foi traslada en helicóptero ata Ourense. Os resto de feridos foron atendidos no PAC do Barco e no Hospital Comarcal Valdeorras.
arua3

arua4

Artigos relacionados

Back to top button