Gratamente sorpredidos se amosaban na Asociación Círculo Poético Ourensán ao comprobar que 8 dos 20 finalistas na modalidade de Primaria do 7º concurso de poesía eran dun mesmo colexio e máis, sendo a primeira vez que se presentaban.
O CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras foi sen dúbida un dos protagonistas desta edición do concurso dirixido ao alumnado de Primaria e ESO de toda a provincia de Ourense, con oito finalistas alumnos na final e dous terceiros premios, para Alicia Domínguez e Sara Arias de 4º de Primaria que recibían un trofeo.
Os outros finalistas, que recibiron un diploma, son: Catalina Fidalgo de 4º, Nerea Jiménez de 5º, e David López e Miguel Ortiz de 6º. Ademais, os cursos de 1º A e 1º B concursaban cunha poesía conxunta sendo asemade finalistas.
Os trofeos e diplomas recollíanos na mañá do sábado 28 de abril nun acto celebrado na Biblioteca Municipal de Ourense no que tamén lían as poesías coas que concursaron, pero sen dúbida o mellor premio para os valdeorreses é a edición dos seus poemas nun libro que publicarán o vindeiro ano. Na gala deste ano entregáronlle aos cativos o libro coas poesías finalistas da pasada edición.
Fotos: Mónica G. Bellver.