Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Oito medallas para o Peña Trevinca Barco na 2ª proba da liga galega de orientación a pé celebrada na Coruña

A proba disputouse sobre un mapa urbano, no barrio coruñés de Las Flores

Máis de 300 orientadores participaban esta fin de semana na segunda proba da liga galega de orientación a pé, disputada no barrio coruñés de Las Flores.

A proba, organizada polo Club APA Liceo que ademais serviu para lembrar por quinto ano a figura de Patxi Arufe, desenvolveuse sobre un mapa urbano de elevada complexidade técnica nunha mañá soleada.

As medallas de ouro na categoría absoluta elite foron para Maikel Rodríguez e Teresa Bellón, destacando asemade as oito medallas (cinco de prata e tres de bronce) conseguidas polos competidores do Club Trevinca O Barco. Mailen Aller Pfirter foi 2ª en F12; Raquel Agudo Calvelo 3ª en F16; Mila Aller Pfirter 3ª en F18; Remy Durán Pernas 2ª en F50; Juan Pablo Agudo Calvelo 2º en M14; Israel Agudo Calvelo 3º en M14; Iago Trigo Vázquez 2º en M16; e Lisardo Vázquez Fernández 2º en M21B.

Tal como avanzan dende o club valdeorrés, ábrese agora unha paréntese ata a terceira proba da liga que se celebrará o 1 de xuño organizada polo Club Ártabros.

Fotos: Club Peña Trevinca Barco.

Artigos relacionados

Back to top button