SanidadeÚltima hora

Oito positivos de Covid nos centros educativos de Valdeorras e 20 nos da comarca de Quiroga

 

Lixeira repunta nesta xornada nos positivos dos centros educativos de Valdeorras. Son un total de 8, fronte aos 7 de onte, tal e como se recolle no listado que emite a Xunta de Galicia. Así no caso do Barco, o IES Martaguisela ten 2 positivos, o Colexio Divina Pastora rexistra 2 positivos (1 máis que onte) e o IES Lauro Olmo continúa con 2 positivos.

Ademais o CPI Tomás Terrón Mendaña de Carballeda de Valdeorras ten 1 positivo e tamén mantén 1 positivo o IES Cosme López da Rúa.

No caso de Trives a gardería continúa con outro positivo e co centro pechado e o IES Xermán Ancochea con 1 positivo.

No conxunto da provincia de Ourense o listado recolle un total de 367 positivos, 12 centros educativos pechados e 2 aulas pechadas.

20 positivos nos centros da comarca de Quiroga

Na veciña comarca de Quiroga seguen subindo os casos. O IES Quiroga ten 5 positivos (2 máis que onte), o CEIP de Quiroga chega a 12 positivos (3 máis que onte), ademais o CEIP San Clodio de Ribas de Sil segue con 2 positivos. Tamén se manté 1 positivo no CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel.

Artigos relacionados

Back to top button