EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Oito premios para a D.O. Ribeiro no concurso nacional Vinespaña

O palmarés inclúe un gran ouro, cinco ouros e dúas pratas

 

As adegas da Denominación de Orixe Ribeiro veñen de recibir oito medallas no concurso nacional Vinespaña, celebrado do 27 ao 29 de abril en Almedralejo (Estremadura): un gran ouro, cinco ouros e dúas pratas.

O de gran ouro recaeu no viño Priorato de Razamonde 2020 da adega co mesmo nome. As medallas de ouro, fóronse para os viños da colleita 2020 Alter, da adega Priorato de Razamonde, Mónica Albor “Treixadura Godello Loureira”, da colleiteira Mónica Albor Rodríguez, O Cotarelo, de Benigno Ríos Mosquera, Ramón do Casar Varietal, de Adega Ramón do Casar e para o da colleita 2019, Seika, da adega Quinta do Rebolo. Por último, Ramón do Casar Lento 2017 e Ramón do Casar Treixadura 2020, ambos de Adega Ramón do Casar lograron as dúas pratas.

O presidente do C. R.D.O. Ribeiro, Juan Casares, sinala ante estes resultados que, “unha vez máis, se mostra o claro camiño ascendente do Ribeiro, xa que os nosos viños obtiveron moi bos resultados neste concurso, no que son os propios enólogos os que levan a exame os viños para poder premialos”.

A Federación Española de Asociacións de Enólogos celebrou a III edición do Concurso Vinespaña do 27 ao 29 de abril de 2021 no Teatro Carolina Coronado de Almendralejo (Estremadura). Participaron un total de 500 mostras, que foron examinadas por seis xurados formados por cinco catadores cada un, todos eles enólogos españois.

Artigos relacionados

Back to top button