En portadaÚltima hora

Oito viños valdeorreses, no podium dos Premios Bacchus 2017

Nestes galardóns que outorga a Unión Española de Catadores tamén resultaban distinguidos outros seis viños da D.O. Ribeiro

 

Viños galardoados co Gran Bacchus de Ouro na edición do 2017. Entre eles está o valdeorrés Guitián fermentado en barrica 2014./ Foto: UEC.

Con ata quince galardóns vén de recoñecerse a calidade dos viños ourensáns no XV Concurso Internacional dos Premios Bacchus, que se celebraba do 10 ao 13 de marzo en Madrid. Dentro do palmarés destaca o Gran Bacchus de Ouro que colleitaba o Guitián fermentado en barrica 2014 de Bodegas La Tapada SAT (Rubiá), da Denominación de Orixe Valdeorras. Era o único viño ourensán que conseguía esta distinción e un dos catro galegos en acadala.

Pero había máis caldos valdeorreses distinguidos no certame, xa que lograban facerse co Bacchus de Ouro o godello da adega ruesa A Coroa 2016 e  O Luar do Sil godello sobre lías 2015 de Pago de los Capellanes (Seadur, Larouco). Ademais conseguían un Bacchus de prata o Avancia Cuevee godello 2015 de Avancia, Fernando González 2015  (Viña Valdeiga, SL), Hacienda Ucediños godello 2016 (E.S. Paradelo C.B.), o Pagos de Galir godello 2016 (Virxe de Galir) e o Viña Costeira mencía 2015 (Viña Costeira SCG).

O palmarés dos Premios Bacchus 2017 tamén inclúe outros seis viños da Denominación de Orixe Ribeiro. Trátase de Priorato de Razamonde 2016 que conseguía o Bacchus de Ouro, e xa cos de prata: Ramón do Casar treixadura 2016, Finca Viñoa 2015, Pé de Perdiz treixadura 2016, Modus Vivendi 2015 e Sameirás 2015.

 

Artigos relacionados

Back to top button